XORNAL ESCOLAR

No CEIP do Xurés a mochila viaxeira visita aos alumnos

centro_result

Durante unha semana cada alumno ten na súa casa unha selección de lecturas e recursos apropiados a súa idade como: cómics, libros de aventuras, narrativa infantil, contos en inglés e Dvd´s didácticos

O Ceip do Xurés conta cun edifico de dobre altura con aulas perfectamente equipadas no que se centra a actividade docente, dispón tamén dun pavillón. A directriz fundamental do centro é ofertar unha educación de calidade en prol do fomento de valores de cooperación, esforzo compartido e respecto, a partir das posibilidades e características que ofrece o entorno próximo para fomentar no alumnado o maior grado de desenvolvemento autónomo.

Cales son as novidades de este curso escolar?

Participamos dentro do Plan Proxecta, no Xogade, nas actividades de carreiras campo a través, bádmington e fútbol sala. Este ano tamén se puxo en marcha as merendas saudables no tempo de lecer e a mochila viaxeira a través da Biblioteca. Ademais tamén se logrou o desdobre de Educación Infantil e terceiro de Educación Primaria e a realización dun baño para as aulas de Educación Infantil.

O ceip do Xurés é un colexio moi dinámico, en que concursos participan os alumnos?

Este ano estase a participar nunha serie de concursos como o do xornal escolar da Rexión, Fertiberia, Nadal organizado polo concello de Lobios, ONCE, un xoguete unha ilusión e Debuxa o teu almorzo da consellería de Educación. Ademais resaltar que no curso anterior o awlumnado do centro gañou o 1º premio do concurso dos Bolechas e tamén resultou gañador do concurso da ONCE a nivel provincial e autonómico.

Falando do ano pasado tamén é importante subliñar que inaugurastes unha nova biblioteca escolar, que cambios supuxo para o alumnado? E para o profesorado?

As novas instalacións son un moi bo instrumento para o fomento do hábito lector a través do desenvolvemento de actividades (préstamo de libros, obradoiros...), ademáis de traballar as actividades complementarias propostas no centro en coordianción co resto da comunidade educativa. A biblioteca, pasa a ser un recurso interactivo para o profesorado e alumnado ao contar cun encerado dixital, o cal permite o uso das novas tecnoloxías no proceso de ensinanza-aprendizaxe e a posibilidade de atopar recursos en rede ao contar con conexión a rede da biblioteca.

En que programas se traballa para fomentar o hábito lector?

Dende a etapa de Educación Infantil traballase en contos representados para potenciar o gusto pola lectura dende idades moi temperás. Na etapa de Educación Primaria traballase a lectura a través da hora de ler, dándolle un carácter lúdico e motivador a través da lectura compartida e grupal, mesas redondas para falar sobre as lecturas, obradoiros sobre os contos e a mochila viaxeira, a cal entra na casa de cada alumno durante unha semana, para poder desfrutar das difeentes lecturas e recursos propostos (cómics, libros de aventuras, narrativa infantil, contos en inglés, Dvd´s didácticos...) e compartilos coa familia.

Que programas oferta o centro para responder ás necesidades específicas de apoio educativo (Neae) dos alumnos?

O centro conta cunha especialista de pt/al para traballar co alumnado que presenta Neae. Con este alumnado trabállase a través dunha serie de plans, como por exemplo, programa de recuperación da lectura, programas de comprensión lectora ou programas de mellora da atención. Ademais o alumnado que presenta Neae, realiza programas de habilidades sociais e habilidades da vida diaria. Tratamos de brindarlle ó alumando as maiores posibilidades de desenvolvemento autonónomo para lograr así a mellor educación posible atendendo as súas dificultades.

Que actividades extrescolares se levan a cabo?

Un ano máis ofértase música e futbol estas actividades están en estreita colaboración coa AMPA do Ceip do Xurés.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar