XORNAL ESCOLAR

Novas tecnoloxías no día a día

photo_camera Os alumnos predispostos a seguir unha clase cos ordenadores enriba da mesa.

Case todas as aulas do CPI José García García están dotadas de encerado dixital

O colexio de Mende abriulle as portas ás cámaras de Telemiño e aos alumnos encargados de mostrarnos o seu colexio, fixérono acompañados dunha ampla variedade de instrumentos. Coñecemos as aulas de educación Infantil e Primaria, no primeiro piso, e as aulas da ESO, no segundo piso. Tamén nos mostraron a aula de tecnoloxía, onde Brais explicou os proxectos nos que están a traballar.

Coñecemos á hora de ler, no centro fomentan a lectura en todas as aulas. Diariamente todos os alumnos do centro dispoñen de 30 minutos dedicados ao fomento da lectura.

Os alumnos de Mende son uns verdadeiros artistas, amenizaron a presentación con diferentes actuación:Patricia tocou a gaita, unha pequena xigante, Celia, sorprendeunos ao violín, Aitor co Bombo, unha alumna de 5º coa frauta, César cos timbais e tamén nos deleitaron cantando...
Convidamos a todos os lectores a ver este sorprendente programa que se estrea o sábado 23 de xaneiro ás 11:00 horas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar