XORNAL ESCOLAR

Prantación de árbores en Cudeiro

fRANCISCANAS_result
photo_camera Os escolares seguiron todas as indicacións no momento da plantación.

Medio cento de escolares de 2º de ESO do colexio Divina Pastora Franciscanas participaron hai uns días nunha interesante saída coa que conmemoraron por todo o alto o Día da Árbore.

Medio cento de escolares de 2º de ESO do colexio Divina Pastora Franciscanas participaron hai uns días nunha interesante saída coa que conmemoraron por todo o alto o Día da Árbore. Partiron do centro camiño de Cudeiro, polo Camiño Real, onde acompañados polo seu profesor Gonzalo participaron nunha prantación de árbores e en moitas outras divertidas propostas. Para chegar ao destino realizaron unha ruta de sendeirismo que os levou polo Camiño Real hacia a ermita de San Marcos. Unha vez alí participaron nun obradoiro de cartografía e orientación, mapas e brúxulas. Tamén participaron nunha plantación de castiñeiros, bidueiros, carballos e acebos. Na casa de Emilio, hospitalario do Camiño Real, foron testigos dunha charla de concienciación xa que 2015 é o ano internacional do chan. Por último, coñeceron e utilizaron un ralescopio co que calcularon a altura das árbores. Foi unha experiencia do máis froitífera e divertida.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar