XORNAL ESCOLAR

Preparando a chegada da festa máis terrorífica

A celebración do Samaín está á volta da esquina  e xa se últiman os detalles deste festexo nos colexios

Os centros de ensino de ensino de toda a provincia perfilan xa os últimos detalles do que será a festa máis terrorífica do ano, Halloween, ou tamén denominada Samaín.

Os colexios organizan para estes días numerosas propostas lúdicas, dende disfraces de personaxes terroríficos, preparación de cabazas e xogos, entre moitas outras actividades.
Ademáis dos centros de ensino, son moitos os colectivos, asociacións e concellos que organizan actividades neste último día de outubro.

A Chaira de Amoroz, en Santiago de Amoroce, Celanova, organizará o día 30 de outubro, unha serie de propostas destinadas aos nenos de 4 a 12 anos. Deste xeito non faltaran obradoiros de cociña, xogos, xincana terrorífica, cabalos, etcétera.

Por outra banda, o  Centro Comercial Ponte Vella acollerá o sábado, día 31 de outubro, unha serie de animacións infantís con motivo da festividade de Samaín. De 17.30 a 20.30 horas, haberá diferentes actividades como contacontos, títeres, caracterización de monstruiños, disfraces e un baile final amenizado coa actuación de populares mascotas infantís. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar