Recompensa ao esforzo e un exemplo á hora de traballar en equipo

O profesor Javier Carnero propúxolle aos seus alumnos buscar novas relacionadas co seu colexio 

Os nenos e nenas de 3º de Primaria do colexio Miraflores realizaron un importante esforzo e amosaron que traballar en equipo é algo que fan estupendamente. O profesor Javier Carnero foi o encargado de dirixir o traballo. Destacaron no seu xornal escolar as actividades extraescolares que realizan no colexio, como pode ser o caso da robótica, a natación, be healthy, etcétera, e encargáronse de expoñelas e dalas a coñecer no seu traballo. Outro dos apartados que foi moi interesante, tanto para os pequenos xornalistas como para o seu profesor, foi o das entrevistas.

Entre todos prepararon unha serie de preguntas, que posteriormente enviaron a xornalistas, escritores, músicos e políticos. Cada vez que recibían unha entrevista leían entusiasmados as respostas na pizarra dixital coa que contan na aula e comprobaron encantados como un gran número de personaxes se animaron a colaborar co seu xornal. Outra das seccións foi sobre a cidade de Ourense, os escolares buscaron información nos ordenadores, tanto no centro como na casa e puxeron en común moita información, máis da que puideron publicar, e atoparon cousas moi curiosas. 

Co seu traballo quixeron que os seus lectores coñeceran algunhas das actividades que realizan no colexio, que tamén coñeceran a xente interesante a través das entrevistas e curiosidades sobre a cidade de Ourense.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar