XORNAL ESCOLAR

Reforzo do idioma cunha auxiliar de conversa

30.03.16.VERIN.COLEXIO AMARO REFOXO.
photo_camera O Ceip Amaro de Verín.

O Ceip Amaro Refojo busca reforzar o inglés dos seus escolares coa presenza de Charise Clarridge chegada dende os Estados Unidos

No municipio ourensán de Verín, atópase ubicado o CEIP Amaro Refojo, un centro de ensino de Infantil e Primaria onde toda a comunidade educativa, esto é alumnado, pais e profesores conforman un sólido equipo que traballa curso tras curso para mellorar as ofertas deste centro, tanto no tocante ás instalacións como nos proxectos educativos e actividades que programan. Ricardo Rodríguez é o director deste colexio da vila do Támega dende hai nove anos e o seu principal obxetivo cada curso é manter o bo ambiente que existe entre todos os que conforman o Amaro Refojo e pouco a pouco mellorar e modernizar as instalacións deste centro de ensino.

Que novidades tendes no centro este curso?

Unha das novidades máis salientables é que contamos cunha auxiliar de conversa. Chámase Charise Clarridge e chega dos Estados Unidos. Trátase dunha importante aposta para mellorar os coñecementos e pronunciación co inglés, un aspecto que consideramos de gran importancia. Xa o temos dende hai cinco anos, pero é a primeira vez que vén dos EEUU.

O colexio está moi ben organizado no tocante aos espazos, ademais das aulas propias de cada curso, que salientaría?

Contamos coas aulas propias de Infantil e Primaria de cada curso, pero ademais hai zonas de uso común específicas para as prácticas das asignaturas e a realización de actividades concretas, como pode ser o caso da aula de inglés, a aula de informática, a aula de música, biblioteca, etcétera.

A biblioteca é un dos espazos máis visitados do centro, como é?

Na nosa biblioteca traballamos moito para mellorala e na actualidade é realmente fermosa e está moi ben equipada. Consideramos que a lectura é fundamental no periodo de formación dos escolares e por elo, este espazo ten que resultar do máis cómodo e atractivo para que o alumnado se sinta ben e goce plenamente do seu momento de lectura.

Coa finalidade de mellorar o éxito educativo no voso colexio tamén levades a cabo importantes esforzos?

Para nós mellorar a calidade educativa é fundamental e un dos obxectivos de cada docente. Estamos inmersos no plan Contratos-Programa para potenciar o desenvolvemento das competencias clave, así como mellorar a convivencia nos centros, a prevención do abandono temperán e do absentismo escolar, a prevención de desigualdades entre mulleres e homes, etcétera. Ademais, estamos tamén inmersos no programa Abalar, de integración das TIC na práctica educativa.

Froito deste último programa pódense explicar algunhas das últimas melloras no centro.

De feito que sí xa que temos informatizadas todas as aulas do colexio con pizarras dixitais e proxectores para que as clases resulten máis dinámicas e froitíferas.

A boa conexión do colexio cos pais plásmase por exemplo na ANPA, de que se ocupa?

Entre outras cousas, a ANPA do noso colexio é a encargada de organizar as actividades extraescolares, tan importantes para o alumnado Este curso polo tanto contamos con xadrez, informática e danza galega, tres atractivas propostas que están a contar con moi boa aceptación.

Conciliar a vida laborar e familiar tamén é para vós unha prioridade, en que se ve reflexado?

Principalmente nun dos servizos que poñemos á disposición de todos os alumnos, trátase do servizo de gardería, abrimos as portas do centro cada día de 7.45 a 9.00 horas e de 14.00 a 15.00 horas.

Outro dos aspectos que queredes inculcarlle aos vosos alumnos é o coidado do medio ambiente, cal é o voso exemplo máis recente?

O medio ambiente e o seu coidado é un aspecto que queremos que os nosos alumnos consideren como de vital importancia. Estudiamos cada curso os coidados que precisa o medio ambiente e realizamos múltiples accións ao respecto, actualmente estamos a cambiar os tubos fluorescentes por tubos LED, non só reduciremos gastos senón que coidaremos o medio que nos rodea. 

30.03.16.VERIN.COLEXIO AMARO REFOXO.

Ricardo Rodríguez, o director

Ricardo Rodríguez Álvarez é dende hai nove anos o director do CEIP Amaro Refojo. Ademais, é titor de 4ºB de Primaria onde imparte matemáticas, inglés, naturais e sociais. O seu principal obxectivo é manter o bo ambiente que hai no centro e seguir modernizando o colexio.

30.03.16.VERIN.COLEXIO AMARO REFOXO.

Vanesa Gallego, mestra de primaria

Vanesa é unha das mestras de Primaria do colexio, en concreto imparte clase aos escolares de 1º B de Educación Primaria.

30.03.16.VERIN.COLEXIO AMARO REFOXO.

Eduardo, mestre de Educación Musical

Eduardo imparte clase de Educación Musical de 1º a 6º curso de Primaria e é quen se ocupa de que os escolares se familiaricen coa música e gocen dela.

30.03.16.VERIN.COLEXIO AMARO REFOXO.

Natividad Rivero, mestra de Inglés

Natividad é unha das profes de inglés do cole. É a encargada de impartir esta asignatura aos máis maiores do centro, os escolares de 5º e 6º e tamén e profesora dun curso de 4º.

30.03.16.VERIN.COLEXIO AMARO REFOXO.

Ana María, mestra de Inglés

Ana María é profesora de inglés no Amaro Refojo. Imparte este idioma aos escolares dos primeiros cursos de Educación Primaria. 

30.03.16.VERIN.COLEXIO AMARO REFOXO.

Francisco Danta, orientador do colexio

Francisco é o xefe do departamento de orientación do centro e a onde, tanto escolares como pais poden acudir sempre que o precisen.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar