Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
De que se fala
Nas últimas semana levamos escoitado falar moito do “Xogo do calamar” (lura en galego). Isto é debido ao fenómeno mundial da afamada serie que baixo este nome está a emitir a plataforma Netflix, e que non deixa de suscitar polémicas. Para as persoas alleas, resúmoo moi rapidamente: os diferentes capítulos desta produción procuran que diferentes persoas con apuros económicos se sometan a un macabro xogo, a vida ou morte, no cal van pasando probas baseadas en dinámicas infantís.
Como serie de ficción podemos discutir mais ou menos sobre a calidade da mesma. Pero eu, alleo ao mundo do audiovisual, alomenos como técnico, non entrarei nesta cuestión. O que realmente está preocupando á comunidade educativa é o impacto que esta lura de tentáculos inmensos está a deixar na infancia. Hai indicadores cualitativos e cuantitativos que nos indican que moitos menores están a visualizar esta produción. Así, podemos ver como o disfrace mais solicitado nestes días para o vindeiro Samaín ten que ver cos personaxes da serie, tamén vemos como memes, gifs e historias están a ser compartidos nas redes, e por último, e quizais o mais preocupante, observamos como se están reproducindo nas escolas –e fóra delas- as escenas desta ficción con máis ou menos agresividade.
Desde a pedagoxía debemos facer unha chamada urxente aos responsables dos/as menores. Este tipo de contidos non está recomendado para os nenos/as, e por algo será. No caso do xogo do “calamar” o límite marcado está nos 16 anos, e eu creo que debía ampliarse aos 18. Darei só tres argumentos dos moitos que se poden narrar para soster esta afirmación.
O primeiro deles ten que ver na maneira en como aprendemos as persoas. A teoría constructivista indícanos que os seres humanos adquirimos contidos, habilidades e aptitudes establecendo referencias a partir do que xa sabemos. Por exemplo, para aprender a ler primeiro debemos coñecer os símbolos (letras) e os seus significados (fonemas). Neste senso, o autor da serie indicou en diferentes entrevistas que esta estaba conceptualizada para facer unha crítica ao capitalismo e ao comportamento humano. E eu pregunto, como menores que non entenden o que é o capitalismo ou aínda non definiron a súa identidade poden atopar este significado na serie? A resposta é clara, non o farán, tan só se quedarán coa parte máis superficial da mesma que ten que ver cun contido claramente violento e deshumanizado.
Por outra banda, está o establecemento de referentes de imitación. A forma máis primitiva de aprendizaxe de calquera especie, e tamén da humana, é a copia de comportamentos, a imitación. Isto explica que sigamos reproducindo modas, ou que existan os/as influencers. Nunca deixamos de imitar aquilo que nos causa algún tipo de emoción. Pois ben, se os modelos de ficción que están a seguir os nenos/as teñen un comportamento determinado, é probable que certas conductas podan ser adquiridas e normalizadas ao existir unha falta de conciencia crítica na súa asimilación. Por iso, os modelos e referentes que teñan os/as menores teñen tanta importancia no seu desenvolvemento cognitivo.
Por último, gustaríame entrar na xestión emocional dos conflitos. Unha das grandes habilidades do ser humano é a capacidade de razoamento e de abstracción. Así podemos chegar a previr situacións a partir do coñecemento que teñamos adquirido previamente (a aprendizaxe referencial anteriormente citada). Un dos grandes desafíos do noso sistema educativo é unificar a transmisión de contidos das áreas de coñecemento cunha boa xestión afectiva e emocional no desenvolvemento humano. Deste xeito, os pedagogos/as levamos anos investigando na mellora dos procesos educativos para acadar ese equilibrio que ten como finalidade a construción da sociedade civil do futuro. Por iso, debemos recordar que a ficción é tan só iso, unha simulación. Así, temos que facer fincapé en que neste tipo de serie todo o que ten que ver coa xestión de conflitos queda sometido a unha conducta agresiva que debe ser evitada na vida real, pero que tanto nos atrae na pantalla. Repito, non me meterei con contidos ou co formato, senón na xestión que o espectador/a fai dos mesmos. Por iso, cabe sinalar que aqueles nenos/as que aínda non teñen adquirido competencias para a xestión de situacións de confrontación, poden ver nestes modelos de comportamento un exemplo a seguir, que para nada nos convén como grupo social.
En definitiva, e para pechar, as persoas que nos adicamos a mellorar a educación –ou o tentamos- facemos unha chamada para que os/as titores/as, pais, nais e familiares sexan conscientes do que pode supoñer expor aos seus fillos/as a visualización deste tipo de producións audiovisuais sen ningún filtro na asimilación de contidos. E insisto, non é unha crítica a serie, é unha chamada a como debe de visionarse.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
LUCHA POR RECONTRUIR
Barro en las calles de Viana, recuerdos bajo tierra y una normalidad aún lejana
nueva economía
La IA abre una nueva carrera por financiar centros de datos