ABAU

Carballiño e Xinzo serán sedes adicionais para a selectividade

Prueba extraordinaria de la ABAU en el Campus de Ourense (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Prueba extraordinaria de la ABAU en el Campus de Ourense (FOTO. ÓSCAR PINAL).

Estas sedes súmanse ás situadas no Campus universitario e na Rúa

As medidas excepcionais que trae consigo a pandemia do coronavirus fai que a Universidade de Vigo (UVigo) descentralice as probas da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), antiga selectividade. Os estudantes que se examinarán en Ourense entre o 7 e o 9 de xullo farano, ademais de nas sedes habituais, nas delegacións de Xinzo e Carballiño.

Dos 1.200 alumnos que se examinan este ano na provincia de Ourense, 760 farano no campus, repartidos entre o Edificio Xurídico-Empresarial, a biblioteca universitaria, o edificio Politécnico e a Facultade de Historia. Outros 270 alumnos examinaranse entre as sedes de Xinzo - os procedentes dos concellos de Xinzo, Verín, Allariz e Bande -, que se examinarán no IES Lagoa de Antela e no Cidade de Antioquía; e Carballiño - os que veñan deste concello e do de Ribadavia-, no que o lugar escollido foi o IES Manuel Chamoso Lamas. Os máis de 150 alumnos restantes ralizarán a proba na tradicional comisión delegada situada en A Rúa - procedentes dos concellos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Viana do Bolo e A Pobra de Trives -, no IES Cosme López Rodríguez.

As excepcións tamén chegarán ao alumnado, xa que deberán levar máscara en todo momento e verán reducido o número de obxectos que poden levar consigo a unha mochila da que non se poderán separar en ningín momento. Luis Muñoz, delegado do reitor da Universidade de Vigo na CiUG, presidente desta e responsable das probas, asegurou que  "estarán moito máis espazados que en condicións normais, en mesas etiquetadas para seren usadas unicamente por cada alumno".

 Con todas estas medidas, sumadas ás de limpeza e desinfección, a prioridade é que se poida manter un ambiente seguro e tranquilo para a realización da proba. Muñoz asegurou que é importante que os alumnos "sexan capaces de concentrarse para poder render ao máximo eses días". O director da proba tamén insitiu na dispoñibilidade que ofreceron os secretarios e directores das diferentes delegacións, que entenderon o extraordinario da situación e fixeron un esforzo extra para a organización das súas sedes e lugares de exames.

O remate do curso en situación de confinamento creou unha ansiedade engadida ao alumnado que se prensenta este ano á ABAU, polo que resulta esencial que os organismos responsables expliquen con detalle os procedementos que se seguirán a menos dun mes da realización da proba.

Te puede interesar