Imprimir

O Concello de Piñor organiza actividades infantís de verán

Redacción | Piñor | 20 de junio de 2019

As actividades, dirixidas a nenos de entre 4 e 13 anos, inclúen deportes, yinkanas, obradoiros e manualidades

O Concello de Piñor abriu o prazo de inscrición para o programa de actividades infantís do verán 2019. Trátase do proxecto Piñor Concilia, que engloba unha serie de iniciativas que permiten a atención dos menores e facilita dunha forma efectiva a conciliación da vida familiar e laboral dos seus proxenitores.

Durante o verán, ofreceranse actividades infantís diarias, que terán lugar dende o 1 de xullo ó 30 de agosto, de luns a venres e en horario de 10,00 ás 13,00 horas, no Centro Social. Están destinadas a nenos de entre 4 e 13 anos, que contarán con actividades moi diversas: deportes, yinkanas, obradoiros e manualidades, e incluso unha sesión de deportes multiaventura.

Toda persoa interesada debe formalizar a inscricion, que é gratuíta, no departamento de  Servizos Sociais do Concello de Piñor, ata o próximo día 27 de xuño.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/o-carballinho/concello-pinor-organiza-actividades-infantis-veran/20190620225002878610.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons