xuventude

Verín celebra unhas xornadas sobre a xuventude da Eurocidade

Esta actividade ten como fin a discusión da participación dos mozos no desenvolvemento da Eurorrexión

A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal (FNAJ) celebrará os días 26 e 27 as Xornadas da Xuventude da Eurocidade Chaves-Verín. A actividade reunirá na cidade de Chaves a entre 50 a 70 membros de asociacións xuvenís do Norte de Portugal e de Galicia, segundo anunciou o Concello de Verín.

Estas xornadas terán como foco a "discusión da participación dos mozos no desenvolvemento das Eurorexións, así como o espírito empresarial e o novo emprego, analizando áreas estratéxicas para a intervención de asociacións xuvenís no marco europeo e na área de Eurocidade de Chaves-Verín, como salienta a institución verinense. A inscrición, que inclúe comidas, aloxamento e certificado de participación, é limitada e gratuíta para cada asociación ata un máximo de dous representantes. Poderase realizar a través do formulario online que se atopará na páxina web da Eurocidade Chaves – Verín ata o 17 deste mes. Esta acción está a ser realizada no marco do proxecto Erocidade 2020. 

Te puede interesar