Opinión

A bolboretiña do día | Marearse e nausea

Sonlles ambas palabras que non se parecen, teñen significados parecidos, e veñen de cousas próximas. Como parece claro, marear e marearse vén de mar. Si. A sensación que ten un de que todo lle dá voltas na terra, está relacionada coa que ten nun iate cando hai marusía, por exemplo. O mesmo para algún pesado que che quere “marear” ou facer dar moitas voltas para nada. E Nausea, a latina nausea -co mesmo significado cá nosa- vén do grego “nausia”, de “naos”, barco. Así, se o nauta é mariñeiro en linguaxe poética, e se a náutica é a arte de conducir dun porto a outro un navío, pois a nausea, é cando o efecto do mar fai que a un lle dean volta as cousas. E nauseabundo, remata nese sufixo -bundo, que se refire ao que tende ou produce algo, tipo moribundo, tremebundo (que fai tremer), furibundo (que anda coa furia ás voltas, etc.).

Te puede interesar