Opinión

O CÍRCULO DE MONTEALEGRE

Omellor nacionalismo galego baséase nun fondo coñecemento das distintas dimensións da Galiza real e na valorización das súas enerxías materiais,humanas e simbólicas. Nos concellos achega ademáis un racionalismo pragmático que herda da súa matriz ilustrada e liberal (os Cornide, Fajardo, Labrada, Sarmiento, Feixó, Solís, Faraldo?) e que concreta nas múltiples experiencias de avance social que estran o noso mapa.


Con estas premisas pensamos noutrora o noso Montealegre. Aínda hoxe e posíbel saír dende a auga que ferve no seu ventre e circundar a cidade polos cumios nun percorrido inzado de riqueza. O núcleo de Ceboliño, o Castro de S. Tomé e as termas de Mende, o Castro de Oira, o cenobio de Eiroás coas súas tumbas antropomórficas, o románico da parroquial de Beiro, o desfeito mosteiro de Naves, o Tinteiro e a ribeira termal, o campo de Santiago, Reza, Seixalbo, Bemposta debuxan un arco que vai dende a nosa protohistoria ao presente. En todos estes lugares atopamos ademáis un extensísimo patrimonio forestal comunal e a auga das nosas saídas naturais Miño, Loña e Barbaña. Naquela altura presentamos perante as consellerías de Agricultura, Industria e Cultura os proxectos necesarios para sacar á luz este círculo marabilloso.


Namentres a actuación no Montealegre debía ser inmediata e prioritaria. Tratábase de unir este espazo coa finca de Mariñamansa ao través do Regato do Chis para recriar cun inmenso parque a continuidade tradicional entre urbe e campo. E tamén de situar no seu seo as mínimas infraestruturas (estamos a 500 metros do Auditorio) para o integraren coa vida social, cultural e festiva de Ourense. Imaxinan a montaxe de Sarabela de 'O soño dunha noite de verán' representado entre as súas sobreiras e cheo de referencias de nos? É un camiño de ferro deseñado pola asociación A Carrilana que o unira con San Francisco?


Cando o BNG recibiu a Concellaría de Medio Ambiente e de Cultura pensei, desta vai! Pero ao pouco escoitei abraiado a nosa achega á cuestión. Nin Botánico nin Forestal, o Montealegre, Parque do Churrasco. Para solucionar a estarrecedora carencia do país de áreas recreativas con grella e colocar unhas cámaras pechouse o parque. Despois a falla dun monte de cartos inferior ao que en dúas semanas recadan para as festas do 15 as mulleres do meu Salamonde, impediu a reapertura. Algúns alcumaron isto de escusa mexeriqueira e incluso atribuíron a situación á mestura de retórica baleira, pensamento máxico e incapacidade práctica na que devalara o BNG. Por contra eu sempre entendín a dificultade do concepto e estiven a piques de chamar pola única persoa capaz de solucionar esta lea, a autoridade mundial en barbacoas e barbacuis, o meu admirado Georgie Dann.


Un brillante filólogo ourensán, Serafín Alvarez, 'Fito', investiga as pegadas do Padre Sarmiento. A este galego universal debémoslle entre outras cousas o actual Xardín Botánico de Madrid. Os que paseamos amores, alegrías e saudades polos seus carreiros reclamamos algo da intelixencia e o traballo daquel home. Se cadra ademáis alguén escrebe no noso Montealegre unha canción tan fermosa como 'La estatua del jardín botánico'. Th,th,that´s all folks.

Te puede interesar