Opinión

Democracia

Estephen King conta no seu magnífico romance “A Cúpula” o proceso de degradación da sociedade dunha vila dos USA que, de súpeto, fica hermeticamente illada do mundo. A escaseza de recursos e a contaminación crían o clima para que un fato de cristiáns fundamentalistas secuestren a democracia e so a tona das súas institucións instauren un réxime fascista de corruptos e matóns. “In the material world” o planeta vive enclaustrado pola cúpula dun poder financeiro que derrama calquera posibilidade de paz e benestar. A súa castiza e pedestre franquicia española, o Partido Popular, executa o programa político que elabora o reputadísimo “think tank” “FAES y de las JONS” e que é, no fondo e na forma, unha mera remasterización con pretensións globalizadoras da Enciclopedia Alvarez. Defendamos aos coitados donos do mundo da agresión salvaxe do socialismo bolivariano acaudillado polos trosko populistas de Podemos. Exaltemos a imaxinería do “cristiano viejo” e combatamos a invasión da levantisca morisma e da negritude ignorante. Empreguemos a Constitución como maza “goyesca” coa que bater na cabeza do separatista catalán e dos que ladran o seu rancor polos recantos do solar patrio. Liberemos ás mulleres do ferrollo dun feminismo que as forza a gañar un salario e a abortar sen mesura nin taxa. Tirémoslle da boca ao Lázaro pedichón e nugallán as faragullas do Estado do Benestar e devolvámosllas ao sacrificado e emprendedor Epulón bancario. E o Goberno galego? Non hai.

Neste estado das cousas algúns levamos catro anos a predicar a necesidade dunha marea cívica que devale e candidaturas populares. Un movemento a prol dunha sociedade decente que recupere e desenvolva os dereitos cívicos, sociais e medio ambientais, que teña a igualdade de xénero como guía transversal de actuación e que recoñeza o dereito a decidir das nacións do Estado. Agora que a idea comeza a callar (como diría o enorme Di Es- téfano, non merezo a medalla pola idea pero a trinco) e convencido de que esta vaga cidadá nuclearía o futuro goberno municipal compre pensarmos sobre que premi- sas se fundamentaría. Alén do verbalismo baleiro debemos adiantar solucións, entre outras, a cuestións tal que as seguintes. Como conxugar democracia directa coas esixencias da representación tanto na escolla e control das persoas como no da toma de decisións. Idear un xeito horizontal de selección de obxectos políticos (a axenda), de deseño de propostas e de execución e control destas que sexa eficiente para unha acción de goberno. Marcar os límites sistémicos que estamos dispostos a sobordar nesta acción e adiantar quen e como se asumirían os custes represivos que de seguro provocaría o salto sobre os valados. Definir a orixe dos recur- sos económicos que nutrirán a nosa actividade neste contexto de crise e que clases sociais a soportarán. E compre facermos isto axiña para logo podermos pensar, imaxinar Ourense. Saramago no “Ensaio sobre a cegueira” amósanos como persoas boas e xenerosas son quen de combater aos mil homes que os asoballan para despoisreconstruír o pacto social sobre a liberdade, a igualdade e a fraterni-dade. Apliquémonos. Th, Th, that ́s all folks.

Te puede interesar