Opinión

Agora, ¡Luis, sí!

Agora, unha vez que rematou a Eurocopa e coa euforia desbordando aínda as rúas, todo o mundo apúntase, coma sempre, ao carro vencedor. Hai uns meses, Luís Aragonés era un tolo, un vello que chocheaba, que se empecinaba en no levar á selección a Raúl e a Guti, talismáns ámbolos dous do madridismo. ¿Onde están aqueles xornalistas e comentaristas baratos que o denostaron e insultaron? ¿Non deberían desculpárense, non tanto por se equivocaren coma por o seu estilo barriobaixeiro? Nin entón era un miserable, nin agora é o mellor do mundo. ¿Algunha vez aprenderemos que entre o branco e o negro está o gris?

Te puede interesar