Opinión

AXUSTES

Cando remata unha etapa de xestión política veñen os axustes de contas que, como o seu nome indica, consisten en axustizar ao contrario usando de coitela as contas. Isto en política é normal e forma parte do libreto. Pero nos tempos que corren utilízase tamén para axustar contas ao pasado anterior á crise, coas súas burbullas e alegrías, que en realidade eran parte da burbulla xeral na que viviamos.


Nada máis rematar con axustes ou axustizamentos virá o tempo de presupostos, nos que, como tamén indica o seu nome, hay que presupoñer o que un fará, e con qué.


O problema dos presupostos son sempre os impostos, pois o recadador, como xa en tempos de Cristo acontecía cos publicanos, sempre tiveron mala prensa. No fondo son ciclos e coitas da natureza, na súa versión política.

Te puede interesar