Opinión

PROGRAMAS

Amedida que se consolida a democracia capitalista, os programas electorais perden importancia. A substitución no poder político prodúcese máis polo cabreo e aburrimento co que se está que por a esperanza no que vén. O electorado sabe, ademais, que a infidelidade dos políticos aos seus programas é máis frecuente aínda ca súa infidelidade conxugal. Nestes tempos de predominio en todos eidos dos medios de comunicación, acostuman ir á zaga da opinión maioritatria. Coa virtual homoxeneidade dos programas, as eleccións convertéronse nun exercicio de descualificacións e na busca de fórmulas para atraer a indcecisos.


Nos Estados Unidos, dende Richard Nixon, se trata de crear ou destruír candidatos sen o menor escrúpulo e a táctica vaise xeralizando. A creación e destrución de líderes converteuse nun negocio. Inverter diñeiro en crea-la imaxe dun político fiábel é a nova afición do capital aínda que algúns empresarios prefiren elexilos de entre as súas ringleiras. 'Canto costa comprar a un presidente' foi o título dun programa televisivo hai pouco.


Na captación dos indecisos xoga un crecente papel a intervención dos poderes fácticos que non se resignan a aquilo dun home, un voto, e prometen aos partidos presuntos votos cautivos, 'paquetes electorais', xeralmente a cambio de algo. Banqueiros, patriotas ou fundamentalistas relixiosos son cortexados ou temidos polos partidos. E é que o mesmo poden axudarche a gañar que darche a aperta da morte.

Te puede interesar