Opinión

QUEN...

Lume no arame de espiño. Sol na crista dun galo. Rodan os coios brancos polo barranco de Barricobos. Quen lle ten medo ao balanceo dun bambán? Chouta o sapo sobre a cova do grilo e unha rula voa ao longo do río. Queda o silencio deitado no ruxerruxe da auga e penetra unha estrela fugaz por entre os piornos do Outeiro Miau. Quen lle canta a un gaio nunha tarde de treboada? O rapaz mide o perímetro da circunferencia e a nai resolve a área do círculo. ('Cosa más fácil / ¡válgame Dios!/ área del círculo / pi erre dos' ? x r2). Tocan a morto as campás da igrexa parroquial e unha procesión de formigas atravesa o camiño da Cavada. Quen corre detrás do cabalo de ferro cando pasa pola estación de Baños de Molgas? Queda o silencio en silencio.

Te puede interesar