Opinión

O ser humano non regula

O ser humano ás veces non regula ben. Hai seres humanos que non regulan ben nunca. O concello de Ávila, rexido por seres humanos, ofreceu unha misa para que chovese. Espero, confío e desexo que lle rezaran ás nubes, que son as que realmente levan a auga. Que a estas alturas sigamos pedindo “milagres”, desas “milagres”... O ser humano, á parte de non regular, é porco. Hai seres humanos que serán porcos toda a vida. Iso si, fóra das súas casas, que nestas non fan o que adoitan facer.

Hai uns días fun ó Mercadona da Valenzá e ó deixar o coche no aparcadoiro vimos un carro dos pequenos que tiña unha bolsa dentro. A muller, coa boa intención do mundo, é dicir, que se a esqueceran habería que levala para arriba, para as caixas por se alguén pasaba a reclamala, digo que a muller foi mirar se realmente tiña a compra dentro. O que tiña dentro eran cueiros que algún ser humano porco deixara alí, e tendo diversas papeleiras distribuídas por todo o aparcadoiro. Porco e cómodo. O de cómodo non só por deixar a porcallada no carro, senón tamén por deixar o carro tirado por alí de calquera maneira. Isto de deixar o carro tirado de calquera maneira o fan tamén outros seres humanos sen importarlles que están anulando unha praza de aparcadoiro, e habendo sitios apropiados para deixar os carriños. Pero, que va, ufff, o que custa levar o carro ó seu sitio. Agora que metín a compra no maleteiro, os demais que se busquen a vida.

Te puede interesar