Opinión

FRENTE A SERIEDADE DO POSITIVO

A tradición pon en boca de F. Bacon o seguinte dito: 'Saber é poder'. Dixérao ou non, a súa filosofía era práctica; tanto é así que morreu dunha pulmonía apañada ao conxelar un polo na neve. Tentaba mostrar que o frío conserva as carnes.


Bacon, co seu método experimental e inductivo, tenta dominar ás forzas e aos obxectos materiais para poñelos ao servizo da humanidade. Frente ao home, áchanse as cousas; frente ao suxecto, ao científico que pescuda está o obxecto que pon resistencia. O obxecto -permítanme a redundancia- obxecta.


Dito isto, ocurre que un progreso científico cuasi milagreiro, trocouse nunha entidade con poder totalitario. Deste xeito a persoa para a ciencia e a técnica actuais ven a ser en gran medida un obxecto máis. Aquí radica a deshumanización do progreso moderno. Hoxe todo é posible investigar e manipular.


Pero ¡ollo!, os beneficios poden ser inmensos si se mantén vivo o 'leit motiv' de Francis Bacon. Enfermidades herdadas, e un largo etcétera de situacións calamitosas poden ser erradicadas. Se a ciencia ten craro que está ao servizo do home, a vid ten que ser moito máis gratificante. E ainda máis: a ciencia pode superar a famosa antítese freudiana entre o 'principio de realidade' e o 'principio de placer'. Tal como a cousa está hoxe, vivimos metidos dentro da tremenda seriedade dun principio calculador, baixo o dominio do frío positivismo. Ante isto, necesitamos que volva a fantasía, o arte, a música e a poesía. En fin, todo aquelo que se opón a seriedade do positivo.

Te puede interesar