Opinión

A confesión

Se confesamos os nosos pecados el é fiel e xusto para perdonarnos os pecados e limparnos de toda maldade. (1ª Xoan 1:9)

A confesión ben entendida á luz da Biblia corresponde só a Deus. Quen pode ser fiel e xusto para limparnos de pecado? Había escribas que cuestionaban a Xesús por perdoar pecados a un paralítico. Despois de reprendelos por pensar mal, díxolle ao paralítico que se erguera da cama e que marchase para casa. Así fixo o paralítico e con esa miragre Xesús demostraba o seu poder. Para perdoar e para restaurar a saúde.

A palabra hebrea pecado ten o significado de “errar na diana”. Ese erro fai que nos afastemos de Deus e busquemos camiños alternativos. O problema é que non hai nada que encha os nosos corazóns. Ao confesarnos con Deus el sempre nos escóita en oración. Se decimos que non temos pecado, facemos a Deus mentireiro e a súa palabra non está en nós (1ª Xoan 1:10).

Te puede interesar