Opinión

Está Deus limitado?

Exaltate Señor na túa forza, entón contaremos e louvaremos o teu poder.

 Salmo 21:13


Seguindo nos salmos, observamos con coidado o poder de Deus. O Omnipotente, ten todo o poder. Hoxe descubriremos que ese poder non é para calquera cousa. Por exemplo: Ter todo o poder non significa que poida facer calquera cousa. De feito a Bíblia di que hai moitas cousas que non pode facer. Segundo 1ª Pedro 1:16 “Sede santos, porque Eu son santo” significa que Deus non pode pecar. Segundo di 2ª Timoteo 2:13 “… El non pode negarse a si mesmo” por tanto no pode contradicerse nen mentir. Deus tampouco pode Autodestruirse. Claramente o dí o salmo 139:24 “ O Señor, eterno é o teu Nome”. Deus tampouco pode aceitar a ninguén na súa presenza cheo de pecado ( Salmo 24:3-4), por iso enviou a Jesuscristo, que é o año que tira o pecado do mundo. Serán por iso todos salvos? De ningunha maneira. Só aqueles que o aceitan como Señor das súas vidas. Por iso, podemos dar grazas a Deus, porque é Omnipotente e Santo ao mesmo tempo.

Te puede interesar