Opinión

Un Deus inmutabel

“Xesus Cristo é o mesmo, onte, hoxe e eternamente”
Hebreos 13:8

A Biblia ten unha leitura sinxela e ao mesmo moi profunda. No Antigo Testamento apreséntanos a Deus na procura da xustiza a través da lei dada a Moisés. Un Deus que constitúe ao seu pobo como luz entre as nacións, non porque fosen bos, senón porque os outros eran piores que eles.

No Novo Testamento podemos ver a Deus como fonte de amor. Deus Pai envía ao seu fillo Xesús para quitar o pecado deste mundo. E neste contexto poucos ven que Deus aplicou a xustiza no seu propio Fillo. En Romanos 5:8 di “…mais Deus da-nos proba do seu amor, en que sendo pecadores Cristo morreu por nós”. Xesús pagou o prezo, por iso Deus o desamparou.(Mateo 27:46). Este Deus é o mesmo que o do Antigo Testamento: Eu son o que son. (Éxodo 3:14)

Te puede interesar