Opinión

O alcalde medallista

Supoño que imbuido polo espíritu olímpico, e cecais porque ninguén lle promove un homenaxe, anda o noso alcalde a colgarse medalliñas. Porque eu son un dos milleiros de ourensáns que recibín unha cartiña do teórico xefe do teniente-alcalde na que, pagada con cartos de todos, diríxenos unhas verbas de autobombo que non teñen desperdicio.


Un paso máis na traxicomedia que representa diariamente o bipartito municipal (o tanto monta monta tanto e o que fan realmente é desmontar). Porque non me dirán que non é de vergoña allea leer un denominado balance dun ano de goberno no que o alcalde non fai referencia ás concellerías e asuntos que xestiona o seu socio nacionalista. ¿Será que o BNG non fixo nada do que poida presumir o alcalde? ¿Será que é tan alcalde en precario que non pode referirse ás áreas competenciais atribuidas ó BNG? Un documento coxo, como coxo é o desgoberno bipartito que habita na Casa grande da Praza Maior.


Dice que se dirixe a mín con humildade e gábase de que todo o feito e por facer débese á súa xestión: dende a entrada do AVE en Ourense (¿cándo entrou?) ata a ubicación da Confederación Hidrográfica do Miño, froito das intensas negociacións do meu equipo de goberno. Para chorar, de risa vamos.


A misiva do alcalde é unha patética demostración do seu pírrico peso político. Agardo ansioso a do teniente-alcalde Despois, sempre en clave de programa electoral do Grupo Municipal Socialista (craso error pois si fala de programa electoral será do partido e si fala do grupo municipal entón supoño que se referirá ó programa, sí, pero de goberno) enumera unha increíble serie de proxectos virtuais: a cidade da Xustiza, os centros de saúde, a unificación do campus, catro parques de solo empresarialata, inventa un novo número: o cartorce.


Patética demostración do seu pírrico peso político e a negación da existencia do seu socio de goberno, feito que evidencia un papanatismo difícilmente equiparable. Unha misiva que esquece eixos fundamentais do noso futuro como o termalismo ou a participación veciñal, a nosa cultura e mesmo a nosa industria ou os barrios... Agardo ansioso agora a epístola do teniente-alcalde. ¡Menuda comedia!

Te puede interesar