Opinión

¡Como anda o patio!

O da Galicia dos dous desgobernos ninguén o pode negar. O acordo entre socialistas e nacionalistas hai tres anos impedíu que o gañador das eleccións continuara dirixindo o Executivo autonómico. E entrando xa no tramo final da lexislatura comprobamos cómo foi este tempo de fume, propaganda e publicidade, parece que con Goebbels como ún dos referentes.


Os encontronazos son diarios; as trifulcas dentro do bipartito, unha das súas características; os enfrentamentos e disputas, o pan noso de cada día. Unhas desavinzas que non chegan a máis ‘moquetae causa’. Nos derradeiros días asistimos a pronunciamentos públicos de representantes dos dous partidos que estragan a idea de unidade e de solidez que debera inspirar calquer goberno.


Un dos cerebros grises da organización do puño e da rosa en Ourense, elixido en marzo o único senador socialista da provincia, proclamou, medidamente pois fixo público un comunicado de prensa, que ‘o que é bo para Ourense é malo para o BNG’. Todo para saír ó paso dunhas declaracións do nacionalista elixido senador en representación da comunidade autónoma tras un noxento apaño parlamentario que rachou vintecinco anos de consenso en Galicia e significou un dedazo que deulle acta senatorial ó candidato menos votado da provincia, mesmo da súa formación política.


Días máis tarde soupemos que o voceiro nacionalista no Parlamento galego descalificou contundentemente o labor das consellerías socialistas da Xunta que apoia co seu voto. Unha a unha. Que si traballo inexistente, que si nulo, que si escaso, que si carente de proxectos... Eso sí o traballo dos departamentos nacionalistas é transformador (todos sabemos quén se transformou). Un ataque á liña de flotación do touriñismo que provocou a airada reacción do voceiro socialista na Cámara autonómica para proclamar que o voceiro nacionalista padecía ‘trastorno bipolar’, adicándose a ser goberno pola mañán e opo sición pola tarde, unha frase que xa se convertíu nun éxito, polo de reiterada, nesta lexislatura para esquecer.


Un trastorno bipolar que, de precisar a intervención da sanidade pública galega, provocaría ingresar nunha lista de espera para entrar noutra lista de espera, dada a precaria situación do sistema sanitario galego, dirixido dun xeito caótico como falan os trece ceses de altos cargos do departamento en tres anos, todos excepto a conselleira, unha das destinatarias das ácidas e incendiarias críticas do voceiro parlamentario nacionalista.


Non sei cántos doctor Jekill e míster Hyde hai neste desgoberno autonómico. Sólo sei que a imaxe que se está dando é impropia e que Galicia non a merece. Que prefiro que unha persona pilote con firmeza o volante do noso futuro e non que catro mans nese volante trazen un percorrido vergoñento, cheo de curvas e bandazos e coa colisión como lóxico remate desta sinrazón. ¡Cómo anda o patio!

Te puede interesar