Opinión

A derradeira aldraxe a Ourense

Consumouse onte no Pleno do Parlamento. Novo non a Ourense do bipartito. A derradeira patada destes catro anos de esquecemento, discriminación e sectarismo. Os salvadores da patria, en evidente proceso de descomposición, escenificaron unha nova labazada á nosa provincia e as ourensán. De nada serviron estes corenta e un meses con fenómenos de apelido Vázquez, Suárez ou Quintana sentándose tódalas semanas no Consello dunha Xunta que, ao ter dous presidentes, rematou por non ter ningún.


Os orzamentos que presentaron para o 2009 pasan novamente de costas a Ourense. Ningunha obra ou proxecto novo. Nin rastro de actuacións cacarexadas a base de propaganda. Ourense non existíu. E tampouco apareceron emendas de socialistas e nacionalistas. Non presentaron propostas para arranxar ese desaguisado de documento lesivo para Ourense, sinal de que pensan que eran os mellores orzamentos posibles. Tan malos eran para Ourense que nin falaron deles aos medios de comunicación. Xa non deron roldas de prensa falando de investimentos por habitante, de reequilibrio territorial, de cumprimentos de promesas electorais... nada. Nada para Ourense.


Porque, no debate de reforma estatutaria, socialistas e nacionalistas quixeron eliminar toda referencia ás provincias, borrando do mapa a identidade ourensán. Porque tamén pretenderon, e siguen a intentalo, aumentar o número dos deputados das outras provincias para minorar o peso político da nosa. Porque pensan en Ourense como unha reserva natural onde non hai espazo para o desenvolvemento tecnolóxico e a dinamización económica. Son os inimigos de Ourense. Os tapóns dun futuro ó que temos dereito.


Nin orzamentos bos, nin emendas para melloralos. Sólo os populares dixemos que eran malísimos e presentamos propostas con nome e apelidos para Ourense. Máis de 219 millóns de euros para a provincia. E non admitiron nin un solo céntimo. Votaron en contra de todas. Ningunha lles valeu. Non ao circuito de velocidade de Verín, non ó plan estratéxico de termalismo do Concello de Ourense, non ao Instituto Termal de Galicia con sede en O Carballiño, non ao plan para o sector da lousa, non ao edificio xudicial de Ourense, non aos novos centros de saúde na capital e na pro vincia, non ao centro de interpretación dos parques naturais, non aos centros de día e residencias da terceira idade , non ao Instituto de Barbadás, non aos parques empresariais da provincia, non ao plan director do Complexo Hospitalario de Ourense, non a plans de infraestructuras rurais e medioambientais en tódolos concellos da província... non, sempre non. 38 votos en contra de Ourense, incluidos os catro socialistas -co ‘líder’ provincial Pachi á cabeza- e os dous nacionalistas... eu diría tres pois o vicepresidente da Desigualdade e do Malestar dicen que é ourensán e fixo carreira política nun balcón de Allariz.


Patético. Moi deficiente. Non presentado. Son suaves cualificacións para este bipartito destructivo e deprimente, negativista e falto de solucións, derrochador e creador de paro. Nin fan nin deixan facer. Nin propoñen nin votan a favor das nosas propostas. Incoherencia en estado sumo: dicir unha cousa e votar a contraria. Servilismo puro e duro axionllado diante da idea de marxinar sen disimulo a Ourense. As ourensás e os ourensáns terán tomada boa nota desta sarta bipartita de afrentas e marxinacións á provincia. Gracias por nada. Adeus bipartito. Chegou o momento.


(*) Deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia

Te puede interesar