Opinión

ZP: motivos para caer

Os sen dúbida espabilados publicistas da campaña electoral de ZP non repararon en que o troco dunha sola letra do lema utilizado desenmascara por completo a auténtica realidade destes catro anos perdidos. Falan de ’motivos para crer’ e os que aportou Zapatero nesta lexislatura foron ’motivos para caer’ en tódolos medidores de calidade e desenvolvemento económico e social.


Por moitos cantantes que monten plataformas a realidade é a que os cidadáns viven cada día. Na única cifra na que subimos é na de parados, sendo a do mes de xaneiro a pior dos derradeiros lustros. Porque Zapatero nos deu estes catro anos motivos para non confiar no seu proxecto político, por certo un proxecto que ninguén coñece, caracterizado por modelarse en función do momento histórico e da conveniencia electoral.


A xestión socialista nestes anos fixo que caíra a imaxe exterior de España e o seu peso na política internacional. Caeu en picado, sobre todo nos derradeiros meses, a confianza dos consumidores ante os incrementos nos prezos. Caeu espectacularmente a credibilidade dun presidente que mentíu os españois cando negou a existencia de contactos cos terroristas logo do atentado da T4. Centos de motivos para lembrar neste momento no que ten o valor de volver a presentarse solicitando o apoio para seguir facendo non se sabe ben o qué. Dicindo que sí a todo non se soluciona nada. Gobernar implica ter ideas, priorizar, non someterse a chantaxes... Todo o contrario da praxis politica amosada por este cuatrienio para esquecer.


Representa o contrario de ter as ideas claras. É un especialista en parches e na búsqueda de rúas sen saída. Crea problemas onde non os hai. A palabra ’solución’ non figura no seu vocabulario agás para falar das ’solucións habitacionais’, que utilizou para enganar e caricaturizar un problema, o da vivenda, que tampouco soupo arranxar.


Pode ser José Luís Rodríguez o primeiro presidente do Goberno desta España democrática e constitucional que non gañe as eleccións logo dunha primeira lexislatura gobernando. Un feito que indica que, efectivamente, Zapatero deu bastantes motivos para caer. As/os españolas/ois decidirémolo o vindeiro 9 de marzo.

Te puede interesar