Opinión

Ano novo, impostos novos

O Goberno vai a aplicar, a xa de por si endebedada economía familiar, un novo aumento de trabucos para xustificar a axuda social como consecuencia dun maior aumento das axudas para o desemprego.


A nova política do gasto público co conseguinte aumento do déficit vai mermar aínda máis o peto de todos os españois durante o presente exercicio do 2010.


Ao novo e discutible aumento no recibo do consumo da luz, da bombona de gas ou electricidade, súmase o imparable incremento do IVE que, dende logo, non axudará nin causará ningún efecto positivo para a necesaria reactivación da nosa economía.


A economía española experimentou ao longo do pasado ano lixeiras melloras, iso sí, fundamentalmente no sector económico apoiado pola axuda do Goberno. Atopámonos ante unhas melloras moi discutidas e baseadas en efectos non reais e, polo tanto, non cribles.


Por outra banda, os ingresos do Goberno socialista non superan os gastos xerados por unha evidente mala política económica; desta circunstancia, xurde a necesidade do recente aumento de trabucos para paliar o aumento do déficit público, tarefa baldía namentres non se aplique un esforzo para incrementar o aforro xeneralizado por todas as administracións, tanto públicas como estatais ou autonómicas.


Ollando cara o exterior, se observa que ningún dos países da zona euro que, afortunadamente abandonaron ou están a saír da crise, subiron os impostos; en todo caso aconteceu o contrario.


Cumpre a activación do mercado con medidas tendentes á recuperación do consumo. O contrario é pretender colocar a locomotora da tracción económica ao revés.



Te puede interesar