Opinión

Batalla perdida

A nova Lei do Aborto, aprobada recentemente co voto favorable de 184 deputados, 158 en contra e unha abstención, permitirá a interrupción voluntaria do embarazo ata a semana catorce, ao que se suma a responsabilidade da decisión da continuidade da vida nos fetos por partes das mozas de dezasèis, iso si, baixo a condición de informar, como mínimo, a un dos seus proxenitores.


Toda unha parafernalia dialética por parte do goberno tentou xustificar una iniciativa lexislativa contraria a unha boa parte do electorado que, trala disputada votación, ve frustrado o seu dereito na defensa da con tinuidade da vida no feto.


Trala aprobación da lei máis radical e ideoloxizada actualmente existente sobre o aborto en Europa abandónase á súa propia sorte a millares de mulleres angustiadas polos eu embarazo condenando, irremisiblemente a morte, a miles de futuros seres humanos cuxo único delito consiste en non ser desexados polos seus propios proxenitores.


Resulta cando menos curioso o contra sentido comportamento do Partido Socialista de Cataluña cando permite a liberdade do voto para os seus deputados en relación ca posible supresión da festa nacional de touros, non o permitindo, por contra, nun tema tan transcendental como a continuidade ou non da vida nun ser humano. Parece máis importante a defensa dun animal que loita por defender a súa propia vida ca viabilidade dun futuro ser humano sen posibildiade nin recursos de defensa.


Triste futuro para as vindeiras xeracións ante feitos como o que acada de ser aprobado polos pais da patria. Só un milagre no Senado pode cambiar tan dramático sino do noso tempo.


Te puede interesar