Opinión

Caixón desastre

A recente e sorrinte foto do presidente Zapatero sobre a alfombra vermella, arroupado pola plana maior da militancia, durante a celebración do último congreso do partido socialista, non quita preocupación aos cidadáns ante o inquietante aumento de conflictos abertos contra o Executivo español.


Ao bochornoso pago pola liberación dos sufridos tripulantes do atuneiro ‘Alakrana’ ou as prácticas de tiro dunha patrulleira xibraltareña contra unha boia portadora da enseña nacional en augas españolas, se suma o impresionante cabreo dos agricultores na macro protesta celebrada recentemente en Madrid.


Pero como non existe unha sen dúas, xurde un novo problema xerado esta vez pola actitude ‘chulesca’ amosada por parte dun goberno, considerado amigo, como o de Guinea Bissau ante a retención ilegal ou o aparente secuestro do petroleiro ‘Virginia G’ pertencente á empresa española ‘Gesbaque, S.L.’.


Ante este estado de cousas, vese co Goberno español atópase desbordado por multitude de problemas ao que se suman outros que están a xurdir continuamente sen aparente solución satisfactoria por parte do Executivo. O noso Goberno non da pé con bola e vese materialmente incapaz de resolver calquera tipo de problema ou conflicto, sexa da natureza que sexa. En definitiva, non existe xestión na que non fracase.


Pero o grave da cuestión o constitúe a falta de veracidade na información que se facilita os cidadáns; así o ministro de Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, nunha rolda de prensa anunciou, no seu día, o desembarco de tres dos mariñeiros secuestrados polos piratas somalís. Nunca existiu tal desembarco. Por outra banda, o Goberno nega o pago de rescate namentras se sabe cun avión da forza aérea española o efectuou directamente sobre a cuberta do barco.


Non é estraño o nerviosismo dun Goberno que, ante a alarmante voz das enquisas, trata de dar un maquillaxe aos feitos que, desgraciadamente, a cotío se repiten.



Te puede interesar