Opinión

Calvario nas pequenas empresas

As noticias son preocupantes no eido das pemes. No que vai de ano pecharon aproximadamente un total de 17.219, espalladas tanto ao longo como ó ancho de todo o territorio nacional, namentras a terceira parte das restantes, 1.461.822 activas, teñen serios problemas financieiros para pagar aos seus proveedores pola falta de liquidez ocasionada pola nula facturación dos seus productos ao que se suma a drástica restricción na concesión de créditos bancarios.


A política restrictiva seguida polos bancos e caixas de aforros na concesión de créditos, gota a gota, ás pequenas empresas, está a fomentar o aumento da morosidade maila débeda impagada, ademáis doutras lindezas económicas de alto risco.


Outro motivo de enorme preocupación para o sector o constitúe o retardo no pago polos servicios prestados á administración; esto é, a concellos, comunidades autónomas ou a organismos oficiais, co conseguinte grave prexuízo económico que elo conleva.


En definitiva, namentres asistimos a unha desproporcionada axuda económica á banca por parte do Estado, por outra, de xeito contrario, as entidades crediticias non reinvisten os seus beneficios en defensa da agoniada pequena empresa ao negarlles a concesión dos imprescindibles créditos.


Bo facer, sentidiño, responsabilidade e solidariedade por parte de todos os implicados nestes tempos de crise. Solucións fantásticas, promesas vagas ou pandeiradas cara o exterior non conducen á solución do problema que demandan tódalas aquelas empresas en crise.



Te puede interesar