Opinión

Disciplina de voto

A tramitación da denominada lei do Aborto, unha vez rematados os arranxos no exto actual, pasará á Cámara Baixa para a súa posterior votación por parte dos señores deputados. Realmente o trámite non implica unha grande responsabilidade para os ‘padres’ da Patria defensores da ampliación da lei, nembargantes non o será cando a decisión teña que ser tomada por todos aqueles deputados católicos ante a grave cuestión de conciencia planteada.


Por unha banda, a disciplina de voto do propio partido gobernante implica a aceptación inmediata da referida lei; por outra, o deber relixioso do votante católico o condiciona ante a aceptación ou non dunha medida tan radical como o é a continuidade da vida nun ser humano.


Parece claro que en asunto de conciencia, entre os membros dirixentes do partido gobernante maila Igrexa católica discorren por vieiros diferentes; así, se o que se pretende, por parte do Executivo, é esixir un voto incondicional favorable ao aborto, nos militantes católicos resulta, cando menos, coactivo, ao ter que votar en contra das súas propias crenzas, alomenos que este voto sexa emitido libremente. Dúas cuestións de peso ocupan ambos pratos da balanza. Dunha parte, a obediencia de seu propio partido e, doutra, a defensa do promulgado pola Igrexa respecto á continuidade da vida no feto.


Tres son as opcións a elixir polos deputados católicos pertencentes ao partido do Goberno; absterse, dobregar a súa conciencia ante o desprezable voto dun acto que atenta contra a vida dun indefenso ser humano ou, por contra, asumir a posible sanción política, no caso da emisión do seu voto negativo. Difícil espada de Damocles dos señores deputados ante a aprobación ou non da nova Lei. Deus queira que o Goberno, nun alarde de xenerosidade cos seus propios militantes, permita a liberdade de voto aos seus propios deputados para que estes actúen en consecuencia real ca súa conciencia.



Te puede interesar