Opinión

Fin da crise na Eurozona

O fin da crise parece que se atopa cada vez máis cerca. Na maioría dos países da zona euro estase a rexistrar un crecemento sostible do Produto Interior Bruto (PIB), namentres que España terá que esperar para mellorar a súa economía ata os finais do ano 2011.

A temible pantasma da recesión económica recua na eurozona desputando a economía cun crecemento medio do 0,4 por cento no primeiro trimestre do ano fronte o notorio descenso 02, por cento que se contabilizou no anterior.


Estas cifras, evidentemente positivas, non supoñen un crecemento parello en todos os estados membros da eurozona; así en España a taxa de crecemento sigue a ser negativa 0,3 por cento a mesma que Grecia e só por riba de Chipre.


Namentres Alemania e Francia seguen a tirar da economía como potentes locomotoras do progreso outra potencia, Italia abandonou a recesión botando a crecer, no segundo semestre do pasado ano, seguida moi de cerca polos nosos vecios portugueses, ademais de países como Austria, Bélxica e Holanda, en senda alcista, e xa considerados oficilamente como fora da crise.


A Comisión Europea atribúe a maior duración da crise económica en España a varios factores. O primeiro o constitúe ás recentes medidas fiscais anunciadas pola lei de presupostos do ano 2010, na que se inclúe a eliminación das devolucións fiscais ademais do incremento do IVE.


Outra consecuencia negativa a aporta o imparable aumento no impago das hipotecas que se ven rexistrando, co conseguinte risco na corrección da balanza de pagos nos bancos o que afecta de xeito negativo na economía real do mercado.


Unha valoración optimista sitúa o fin da crise en España no último trimestre do vindeiro ano de 2011; eso si, terá un carácter moderado, o que suporá aproximadamente un aumento dun 1 por cento de incremento na nosa economía.

Te puede interesar