Opinión

Galegos e o sexo

Permitame amigo,lector de La Región, que aborde, no presente artigo, un tema espiñoso, solicitado a un servidor mediante correo electrónico, por algúns do seguidores máis fieis desta columna xornalística. Un tema, sen dúbida, perigoso, xornalísticamente falando e conseguintemente pouco tratado pola prensa, ante o escabroso da cuestión a tratar diante do reto que se plantea; estoume a referir á frecuencia das relacións sexuais que mantemos os galegos.

Un fiable informe sobre os hábitos de saúde entre a nosa poboación sinala una dedicación media aproximada de 2,4 horas semanais ás relacións sexuais mantidas polos descendentes de Breogán, en Galicia.

Analizando polo miúdo a enquisa,obtense uns datos curiosos e cando menos significativos. Por unhna banda se salienta o nivel da satisfacción sexual por parte da parella; así un 60% dos entrevistados amosa a súa satisfacción completa, aínda que, por contra, un 85% do total, desexa que este mellore por ambas partes.

Ante o devandito informe deducese que a saúde sexual actual dos galegos e satisfactoria, pese a algúns incovenientes, evidentemente mellorable, como pode ser a falta de desexo sexual motivado por multitude de atrancos diarios ao que se suma o estrés, a rutina e outros varios factores de carácter negativo, sen esquecer o problema que representa a exaculación precoz ou a disfunción eréctil entre os varóns.

Falar sen atrancos sobre o tema cos responsables da información sexual sobre o comportamento da parella resulta efectivo na hora de solucionar dúbidas respecto a temas relacionados ca sexualidade o que evitará os frecuentes finximentos por parte do compoñente feminino; así namentres os homes normalmente esaxeran a súa vida sexual, por contra, moitas mulleres, por respeto da sua parella, finxen un suposto e falso pracenteiro orgasmo final.

Te puede interesar