Opinión

Labazada do Goberno a Galicia

Non soan bos tempos para o Xacobeo 2010 que acaba de comezar. Fai uns días o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, transmitía o malestar e preocupación do seu gabinete ante a ‘clara falta de apoio do Goberno central’ en relación ca axuda e difusión do Ano Santo Xacobeo.


Por outra banda a réplica chegaba da man do mesmo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que non dubidaba da xestión do executivo de Rodríguez Zapatero, en clara referencia á potenciación da presente edición do Xacobeo.


Polémica aparte o que si temos claro os galegos é a grande oportunidade de promoción cara o exterior de toda a nosa comunidade con ocasión da celebración dun dos grandes e máis singulares eventos relixioso-cultural de Europa.


A presidencia de España ó fronte da Unión Europea é un excelente puntal para a promoción, tanto de Galicia como do Camiño de Santiago tendo en conta a europarización dos peregrinos no seu percorrido cara a tumba do apóstol Santiago.


Namentres a programación da Moncloa apoia decididamente as actividades culturais existentes noutras comunidades. Galicia, unha vez máis, volta a ser a ‘cenicienta’ do Estado español.


AVE, mínimas inversións, promesas incumpridas, atrancos xudiciais que impiden a restauración ou mellor a salvación do noso patrimonio, e un longo etcétera, este é o panorama actual da nosa comunidade. Ante este laxante estado de cousas un, cabreado, se pregunta: ¿ata cando soportaremos os galegos este continuo aldraxe por parte do Goberno de Madrid?

Te puede interesar