Opinión

Luz vermella na Seguridade Social

O futuro das pensións en España atópase en perigo ante o alarmante descenso das cotizacións e o aumento incesante do gasto público.


As numerosas baixas na Seguridade Social e o aumento das prestacións por desemprego están a baleirar as xa de por si minguadas arcas da Seguridade Social. O futuro non se presenta optimista para os miles de futuros pensionistas que, puntualmente, mes a mes, aportan o froito do seu traballo para o sostemento da entidade pública, do mesmo xeito que ven igualmente con inquietude o seu futuro os actuais beneficiarios das pensións ante a posible supresión do cobro das mesmas como consecuencia dunha hipotética quebra da Seguridade Social.


As actuais circunstancias polas que atravesa a nosa economía, cun galopante aumento do paro e a continua quebra de preocupación social que ao que o Goberno debe de por freo.


A teoría de permanente solvencia económica do Goberno é unha utopía ante un paro galopante que non aporta ingresos de ningún tipo, por contra, acarrea enormes cargas difíciles de asumir.


A crise presente continúa e continuará algúns anos ca conseguinte caída da recadación fiscal que mermará, aínda máis os ingresos do Estado. Ante esta situación o Goberno ten a obriga de tomar as medidas tendentes á continuidade o mantemento actual das pensións, artellando todo tipo de medidas que sexan necesarias, gústenos ou non, para garantir a continuidade das mesmas. O contrario é remar cara o abismo.



Te puede interesar