Opinión

Mala imaxe do político

Amala actuación por parte dos políticos españois está a danar seriamente a credibilidade dos mesmos. A frecuente aireación na prensa das continuas tramas corruptas existentes, o abusivo gasto de dietas e comisións de diversos servicios sen xustificación por parte, tanto de deputados ou senadores, ao que se suman os cargos políticos autonómicos e outra lindezas pagadas a conta do sufrido cidadán, está a crispar de, xeito notable, a sociedade deste país, sumida nunha terrible crise económica social. A imaxe do político actual 'cobrar mucho y trabajar poco' está a producir un forte rexeitamento da nosa sociedade co conseguinte desprezo, chifrei, insulto e ameazas por parte de moitos contribuíntes cabreados que rexeitan a conducta tan pouco ética como moral dos políticos.

Recentemente, ante os referidos feitos de rechazo protagonizados por cidadáns madrileños descontentos con esta política continua de abusos, o presidente do Congreso de Deputados, José Bono, convocou unha comida reservada ca cúpula dos principais medios de comunicación. No decorrer da mesma pediu aos responsables da información o 'rebaixe' no nivel das súas críticas en relación cos soldos, pensións e outros moitos para o resto de cidadáns deste noso país, chamado España.

Para tentar de convencer ós convocados o presidente ofreceu, polo miúdo, un estudio do custo real dun deputado ás arcas do goberno, ademais de sinalar cos mesmos son grandes traballadores do Estado. Este último dato, resulta alomenos que ridículo cando, non fai moito, o propio presidente, que se queixaba da baixa asistencia dos deputados ao hemiciclo,véndose él mesmo na obriga de chamalos a orde. Os medios de comunicación non están para devolver a credibilidade á clase política, sómente o político, ca súa axeitada xestión diaria, saberá gañarse a confianza dos seus electores; no contrario o mandato imperativo das furnas será decisivo na decisión de continuidade ou non da súa xestión.

Recentemente asistimos a posta en escena dun novo fraude, me estou a referir ó cobro de diestas, sen xustificar, polo desprazamento ás sesións da cámara autonómica galega, por parte dun coñecido deputado do partido popular. Este lamentable feito esixe, por unha parte, a decente e inmediata devolución das cantidades cobradas indebidamente; por outra, trala exacta comprobación, a fulminante e inmediata dimisión do deputado ou posibles deputados-deputadas implicados. Por outra, ante estes laxantes feitos cumpre un urxente arteñamento, por parte da cámara autonómica, de medidas tendentes a un correcto control deste tipo de gasto en evitación de casos semellantes.

Te puede interesar