Opinión

Parque Ribeira de Canedo

O río Miño forma parte indiscutible da propia historia da cidade de Ourense. Dende tempo secular o futuro da Bela Auria, a pesares de ter parte do seu nacemento en ámbalas beiras do seu recinto fluvial, deulle, dende sempre, as costas ó río sómente preocupándose polo mellor medio de salvalo co obxectivo de comunicar ámbalas dúas ribeiras. Basta facer un paseniño repaso das vellas fotos do século pasado para confirmar o abandono evidente existente nas traseiras das casas situadas no marxe dereito do río, augas abaixo, concretamente as asentadas na actualmente deno- minada rúa de Ribeira de Canedo.

Un antes e un despois supuxo o “Proxecto de acondicionamento da marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova, Romana, Novísima e do Milenio, tralo protocolo de cooperación entre o Ministerio de Obras Públicas e Transportes e o Concello de Ourense”, subscrito o día 20 de maio
do ano 1993; acordo que permitiu a transformación radical desta antano zona abandonada e antigo vertedoiro de entullos para converterse actualmente e felizmente nun verdadeiro paseo fluvial e xardín.

A actuación consistiu na demolición das vellas e obsoletas edificacións: muros e peches existentes, complementada polo debouce e limpeza do propio terreo; a formación da explanada cos seus correspondentes muros de contención comunicada mediante gradas á plataforma inferior maila superior; a instalación dos diferentes servizos urbanos: recollida das augas pluviais, redes de saneamento e rego, alumeado (consistente na ergueita de trece torres luminosas máis outra de dezanove metros de altura como soporte de oito proxectores), mailo deseño e colocación do pavimento. Na zona inferior se dotou dunha zona axardinada na que se incluíu un pequeno lago artificial; tamén se incorporou o correspondente mobiliario urbano, complementado ca plantación de diversas especies arbóreas, respectando as existentes. Se ergueron varias pérgolas confeccionadas en madeira laminada ca misión de soster as enredadeiras. Como punto destacable e de salientar, a presencia dun paseo peonil complementado pola pasarela sobre o Miño, sexta ponte, de 203 metros de lonxitude por 6 de ancho, totalmente iluminada polas noites e que, combinada ca aportación lumínica nocturna do recinto, creou un certo aire marítimo no paseo.

A aportación vexetal foi importante. Así, nunha superficie aproximada duns 8.560 metros cadrados, comprendidos entre a Ponte Nova maila Romana, se reparten diversas especies vexetais, como na parcela existente a carón da rúa de Ribeira de Canedo, na que conviven abundantes exemplares de especies trepadoras pertencentes á familia das caducifolias como: glicina das perennifolias ou falso xasmín. Na parte media e baixa coexisten árbores da especie das caducifolias, como: liquidámbar, freixo e lodoeiros. Por último, no lago artificial contén especies húmidas como Bambú e Salgueiro Chorón, entre outras. 

Te puede interesar