Opinión

ARTUR MAS E OS TOUROS

Manolete, Manolete,/ si no sabes torear/ a que te metes'. Pois o independentista catalán -que non español- haique lle sacar o sombreiro, pois o resto dos españolitos, por historia, teremos que axudarlle a pagar ata vinte millóns de euros por haber prohibido os touros, pois é unha festa española e Catalunya non é das Españas. O fútbol sí. Que o inventaron os ingleses.


Señor Mas, estanos saíndo 'tonto', pois co seu independentismo ás costas non facemos máis que lle dar cartos pola súa desastrosa xestión. Chapeau, señor Mas: 'Sombrero, hay mi sombrero/ tienes por gracia un tesoro/ cuando te llevo a los toros./ Sombrero, hay mi sombrero,/ que tienes grabado en oro/ el beso de una mujer'. Deixe de pedir cartos e goberne con sentidiño. 'Manolete, Manolete,/ si no sabes torear/ a que te metes'.

Te puede interesar