Opinión

CELANOVA-VILANOVA, FAN XUSTIZA

Somentes unhas liñas, pois xa levo escrito sobre o Gran Circo Feijóo, moreas de lembranzas nestas páxinas tan queridas de La Región. Ata unha historia en formato de libro.


Crieime nas carpas que fundara un fillo de Vilanova: Don Secundino Feijóo Méndez. Percorrín as Españas a beira de meu bo pai que se vinculou ao Circo Feijóo dende que o fundara o vilanovés ao que lle homenaxea o Concello de Celanova. ¡Xa non era sin tempo!


Seu fillo don Manuel foi padriño de pila coa súa nai Dona Paca, que era unha amazona que casou con Don Secundino.


Teño nos anaqueles do meu despacho bibliografía sobor do Circo que por desgracia non abonda moito nas Españas. ¡Cantas lembranzas das festas maiores máis importantes: Bilbao, San Sebastián, Santander...


A cantos artistas coñecín e tratei, españois e extranxeiros. os nenos son os principais mensaxeiros do maior espectáculo do mundo. Santiago Mutis (Bogotá-Colombia) plasmou nesta poesía un dos mellores poemas adicados ao circo. 'El payaso asombra la infancia lanzando fuego por la boca/rojas esferas que ruedan vivas por el aire/lo incendian/como rosas inmensas que se abren (...) el payaso se desvanece/una mancha sola/de cenizas/ una rosa/de fuego de infancia de risa congelada'.


¡Bravo por Celanova e por Vilanova! ¡Xa non era sin tempo de homenaxear a Don Secundino Feijóo e co íl sa toda a dinastía!


Xa son tan vello e son tantos os recordos que non podo seguir. Parabens a quenes homenaxean a Don Secundino. Si Celanova tivo poetas, Vilanova tivo un trotamundos, que levou o nome da nosa terra polas Españas, e seguiú seu fillo Don Manuel, e o seu neto Manolín.


Que Deus bendiga aos promotores diste homaxe e que a Virxe pequerrechuíña do Cristal, teña a súa beira a toda a dinastía xa firmada dos Feijóo.

Te puede interesar