Opinión

Chegou o Nadal

Como nos Sanfermines cando estoupa o chupinazo e as xentes beillan de alegría, chega en medio mundo o Nadal. O nacimento do Neno Xexús, que supuxo a revolución, pois engadiu un mandamento novo: amar aos enemigos. E despertou Herodes pois mandou matar nenos como hoxe fan nos ventres das mulleres os abortistas de turno.

Xa o grande Cunqueiro poemara a nova: 'Primeiro foi o Anxo que falóu a María:/ Nove meses de sono ata que véu o día. / Pasóu a primaveira, e que ben frolecía./ Pasóu tamén a sega, que moito pan había./ Logo veu a vendima -i- o magosto dourado./ I-o viño novo nas cuncas na adega foi catado./ I-estando o outo cume de outo neve nevado,/ en Belem o noveno mese lle foi contado:/ nascéu dom Xesucristo, de todos é loubado'.

E chegou a ledicia e alegría entre os homens de boa vontade. Non os que non perdoan. Non os amargados. Non os resentidos. Non os que negan a man e a amizade, tirando por terra o mandamento novo.

As rúas lucen lampariñas. As xentes de boa vontade salúdanse como non o fan perante todo o ano. Deus fíxose home pra nos salvar pra que nestas datas nos demos unha aperta. Pra que deixemos na cuneta os odios e os rencores. Como tamén poemara o astorgano-ourensán Miguel Ángel González García: 'Es tarde, y a las sombras van comiendo/ los perfiles de las cosas y las palabras/ llegan más hondo, hasta el cimiento/ de las decepciones y las dudas'.

Pois chegou o Nadal, co Neno entre pallas e panales dunha nai que era Virxe e que cambiou a historia da humanidade. Bó Nadal a todos os lectores e a quenes -donos e traballadores- fan posible La Región. O noso xornal.

Te puede interesar