Opinión

O 'DOMINÓ' VASCO

Logo de visitar países do 'Telón de aceiro', achegueime á URSS, onde gobernaba -é un dicir- Gorvachov. Odiado polos comunistas soviéticos, xa que logo, non entendían cómo podían andar a predicar que no 'dominó' comunista habíaselle atascado o seis doble. E pasou o que pasou. Coa intervención de Lech Walesa, Juan Pablo II, Gorbachov cargouse a grande mentira que soxuzgara a países europeos, matara -entre Lenin e Stalin- a levados a campos de traballo a Sibeira aos que non comulgaban co de 'Arriba los pobres del mundo. En pie famélica legión...'.


Agora, soio que a reverso, no fermoso e benquerido País Vasco, ETA, logo de matar a máis de oitocentos inocentes, mutilar a outros, e facer fuxir a douscentos mil vascos de pura cepa, érguese co santo e coa esmola. E senón ao tempo.


Patxi López, un incompetente socialista -tamén os hai nos outros partidos das Españas- adianta os comicios arrogándose o haber acabado con ETA. Mentira... ETA está viva. Ó que se chegou en Loyola con Eguiguren (PSOE), e o entramado abertzale, máis o PNV, foi deixar de matar a cambeo de legalizar a ETA (Bildu e Cía.). Ou sexa que ó 'dominó' vasco gañárono os que estiveron a matar, secuestrar e extorsionar..., e perderon as víctimas e o resto dos españolitos que compoñemos as Españas. ¡Esa é a verdade, señor Patxi López, e non a que está vostede a contar!


Gobernou como Lehendakari -tamén é outro dicir- graciñas ao apoio do Partido Popular, cousa que vostede, señor Patxi, non houbera feito, cecais, de haber sido ao revés. Esí paga o demo a quen serve... ¡Cando sairá un pesoista bo, que goberne sen matar, secuestrar (crímenes de estado, Segundo Marey), roubar a paleadoras cheas e sentenciando Felipe González: '¿Es que a los jueces no hay quién les diga lo que tienen que hacer?'! E en Loyola, si que 'fixeron' caso ó Tribunal Constitucional.


Todos legales, como no 'dominó' de Gorbachov, somentes que ao revés. A ver o que nos agarda, non vaia ser que se atasque o seis doble...

Te puede interesar