Opinión

¡LIBERTAD!

Remóntome á miña xuventude cando o meu bo pai dábame entrada prás corridas de touros na Bella Easo, fermosa como todo o País Vasco; ía á vella praza de Chofre a ver torear a meu ídolo Luis Miguel Dominguín.


Agora chegan os pro-etarras de Bildu e pretenden suprimir na Semana Grande, actos entre os que destacan, entre outros, a Salve, unha mostra de relixiosidade dise fermoso país. Os de Bildu non o fan pola 'tortura' dos touros (!), senón como santo e seña de españolidade á que iles renegan. Iles son 'marcianos', e privan a Donosti duns ingresos que sempre chegaron das Españas e de Francia e Portugal.


Iles son así: calaron e calan para non defender ás víctimas do terrorismo duns descerebrados 'vascos'. Fronte a este novo ataque á festa dos touros, somentes queda unha verba dita con toda a forza e xustiza: ¡Liberdade! ¡Libertad!

Te puede interesar