Opinión

SOLVEIRA DA RABEDA

(Pra miña dona)




Eu namorei na Rabeda. Si, en Solveira. Elí pasei vráns enteiros xa de casado. Elí teño bós amigos. A Rabeda é unha terra fermosa. Ancha e longa, como imitando a Castela. Alí naceu, en San Xés, quen fora amigo e a quen coñecín cando deixou o Seminario, Manolo de Dios. Íl tiña vinte anos, eu dazoito. Manolo era discípulo de don Antonio Jaunsarás, un navarro que como Gallarre e Sarasate destacou como músico, coengo e organista da Basílica-Catedral ourensá.


Manolo fundou un coro masculino -inda non chegara o Vaticano II e non podíamos cantar coas mozas da nosa parroquia de Santa Eufemia la Real del Centro que rexentaba don Amando Araújo Iglesias, irmán de don Miguel, o que logo fora bispo de Mondoñedo-Ferrol-.


De Dios convenceu a don Amando pra formar un coro cos xóvenes de Acción Católica. O Pepe Casasnovas era o organista -pertencía a unha familia que ensinou o pentagrama a moitos ourensáns na rúa Lamas Carvajal-. O Pepe Casasnovas acompañaba as nosas cantigas relixiosas que dirixía o meu amigo Manolo que escomenzou, como xa dixen, dirixindo, denantes de ir a De Ruada, onde seguimos tendo unha grande amizade, xa que eu era directivo con don José Fernández Borrajo como presidente. ¡Que coriño máis apañado, sensible e afinado, no que eu era barítono!


Mais voltemos a Solveira, que gracias ás directrices do coengo-arquiveiro da Catedral, don Miguel Ángel González García -un astorgano diño sucesor de don Marcelo Macías-, conseguimos -eu axudei un pouquiño- que monseñor Osoro nos dera dous millóns de pesetas -que xa é dar-, e don José Luis Baltar Pumar cincocentas mil, co que se fixo de novo o tellado e mailo coro, que quedou moi ben, pois o Pepe 'Virutas' esmerouse, cobrando menos dos oito millóns que presupostara a Xunta de Galicia.


Solveira merecía eso e moito máis, xa que logo de non lle botar o tellado houbérase derrumbado en calqueira momento, coas conecuencias que vostede lector amigo está a pensar. O templo ten culto diario que ofrece a Eucaristía e o seu abade, don Sergio Fidalgo, moi boa persoa.


O conto é que coa colaboración da Asociación de Veciños xestionei con Baltar o pór un fermoso cruceiro na horta do cura, arranxar o retablo principal e restaurar algúns santiños. Baltar, asemade, donou a figura do santo patrón pra fachada do templo.


Concedéronlle a Solveira o premio 'Francisco de Moure' por todo o restaurado. San Salvador de Solveira está nunha terra, a Rabeda, onde fai anos colleitábase trigo, centeo e millo. Manolo de Dios fixo unha cantiga que interpreta moi ten De Ruada, 'A foliada da Rabeda', que remata coa estrofa de 'que non hai no mundo terriña como ela'.

Te puede interesar