Opinión

UNS E OUTROS

Zapatero e os seus 'muchachos' foron un feixe de inútiles, Dicíame un paisano meu de Moreiras referíndose a eles: 'Pro home, habendo salvados que coman trigo'. Agora temos a Rajoy e os seus sabios que nos friten a impostos, e que o xefe do Goberno está a facer de don Tancredo.


A dona Merkel ponlle a letra e Rajoy, De Guindos e Montoro poñenlle a música, que parece unha marcha fúnebre. Os nacionalistas catalans están nas pavías. A Junta de Andalucía 'birlou' (socialistas eles) mil millóns duns ERE pra os parados. Na Galicia hai quen anda polas gasolineiras, e non precisamente pra botar combustible.


Esto, como dín os gaditanos -soio que en sentido inverso- 'no se pue aguantá'. Esí imos cara a ningures...

Te puede interesar