Opinión

PAN POR PAN

Dúas preguntas. Sóubose onte o contido das dúas preguntas que Ibarretxe quere formular na súa consulta ós vascos. Están redactadas cunha chea de palabras agradables: final dialogado da violencia, proceso de negociación, acordo democrático, dereito a decidir, etc. Cousas nas que case todo o mundo está de acordo. Con todo, hai un pero. Na primeira pregunta o final dialogado da violencia está suxeito a esta redacción en condicional: se previamente ETA manifesta a súa vontade de poñer fin á mesma para sempre. Velaí o problema: a banda terrorista non ten ningunha intención de entrar nesa condicional. De que valería, pois, votar en afirmativo se ETA non vai facer caso ningún do resultado? Moitos analistas interpretan a consulta Ibarretxe en clave de estratexia electoral. Lexítima, pero frustrante cando se vexa que, rematadas as eleccións, todo vai seguir igual.



Te puede interesar