Opinión

PAN POR PAN

Bieito Iglesias. Hai xa un exército de seareiros da literatura de Bieito Iglesias. Porque literatura é todo o que sae da súa pluma e as súas crónicas de opinión en ‘El Correo Gallego’ e en ‘Tempos Novos’ forman parte dun macrotexto común coas súas novelas e relatos. Podo comprobalo a cotío no meu blog onde unha chea de profundadores entusiastas dos seus artigos xogamos a interpretalos coa mesma paixón dos sabios rabínicos ó carón dos libros sagrados. Bieito Iglesias é noticia pola súa nova novela: ‘Pan e coitelo’. De fondo, unha historia de corruptelas e fraguismo crepuscular onde moitos datos bio gráficos son recoñecibles. Bieito ensarilla o relato pola clave satírica: alguén aludiu a posibles esteos, todos ben nobres, nos que se apoia este volume, de Risco a Castello Branco, de Blanco Amor a Valle Inclán. O sentido do humor, a riqueza da linguaxe, a ausencia de impostura, todo iso é propio.

Te puede interesar