Opinión

PAN POR PAN

Soylent Green. O cine popularizou a xeira de distopías nacidas na literatura e no pensamento. En películas boas e malas, presentásenos un mundo futuro, apocalíptico, onde os que sobreviven á catátrofe loitan entre si polas moi escasas fontes de enerxía. En ‘Waterworld’ imaxínase que só é posible xa sobrevivir na auga. Unha película xa antiga, ‘Soylent Green’ (1973), protagonizada por Charlton Heston, tiña unha teoría bastante tétrica e escatolóxica sobre os alimentos do futuro. Lembro vivamente dúas escenas: nunha delas, un personaxe lembra con nostalxia cando aínda se podía comer car ne e peixe frescos. Na outra, vese como se retira Edward G. Robinson para ir morrer no Fogar: déitase nunha cama e escoita música clásica mentres observa fermosas paisaxes que xa non existen. Quizais despois do apoxeo dos tanatorios, sexa este o gran negocio do futuro, vai ti saber.

Te puede interesar