Opinión

Arde Rusia

'No hace falta un gobierno perfecto;


se necesita uno que sea práctico'. (Aristóteles)




O título deste artigo non é orixinal. Deste xeito titulaba un diario de Moscú, o Kommersant, un especial adicado aos incendios que está sufrindo o país este verán e dos que nos están a chegar titulares que raian o apocalíptico. Tampouco son novidosos a súa meteoroloxía extrema, a complexidade da súa extensión nen os incendios, poderíamoslles chamar 'incendios históricos'. O que sí é novidoso son os efectos, pois se ben nun pasado lles foi beneficioso e foron tres factores determinantes (aínda que non os únicos) que impediron que o país fose invadido por potencias estranxeiras , hoxe constitúen un factor de destrucción impresionante.


O 24 de xuño de 1812 un antigo xeral republicano convertido en ditador e nun dos mellores estrategas militares que deu a Historia, ao fronte dun dos exércitos máis poderosos que tamén viron as páxinas da Historia, a Grande Armée, cruzaba o río Niemen en Lituania. O seu obxectivo: invadir Rusia. Pero o xeral, triunfante de Europa, atópase con tres inimigos aos que nengún exército nen nengunha táctica militar poden vencer: unha nación cun territorio tan extenso que nunca podería ser ocupado e controlado por completo, un impresionante fervor nacionalista e o conseguinte espíritu de sacrificio e de loita patriótica dun pobo a prol da 'Madre Rusia', e finalmente, un clima adverso.


Así, cando Napoleón entra en Moscú despois da sanguinaria batalla de Borodino, atópase unha cidade valeira e queimada e a unhas autoridades e a un exército agochados na inmensidade do seu territorio. Comeza entonces a estratexia de 'terra queimada' e o xeral que 'tacticamente era case imposible vencer' ten que facer fronte ao peor dos seus adversarios, o terrible inverno ruso.


O 22 de xuño de 1941, outro visionario tivo tamén un soño, espallar os dominios do imperio nazi hacia o leste. Para iso, lanzou o groso da Wehrmacht (nome do exército alemán) contra os soviéticos. Cando a victoria parecía acadada chegou o peor dos seus adversarios, a natureza. As choivas, os lodazais e os fríos invernais do feroz inverno ruso acabaron cos soños de Hitler, igual que cento trinta anos antes o fixeran cos de Napoleón. O patriotismo e a mesma política de 'terra queimada' déronlle o golpe final.


Hoxe, paradoxicamente, a natureza, aliada da súa Historia, estase a converter no seu peor inimigo. A grandiosidade do seu territorio o que fai que lles sexa imposible cubrir con efectivos os 17.075.400 kilómetros da súa superficie (840 focos de incendios rexistrados ao longo de territorios tan afastados como a península de Kamchatka e a rexión de Nishni Novgorod), xunto a unha sequía sen precedentes e unhas altísimas temperaturas convértennos nos adversarios máis perigosos que os de antaño porque estes adversarios sacan á luz as verdadeiras debilidades do Estado ruso: infraestructuras obsoletas, vetustas e inadecuadas ( só un exemplo, 22.000 bombeiros para máis de dezaseite millóns de quilómetros cadrados; se as consecuencias non foran tan tráxicas, parecería un chiste), falla de políticas medioambientais (arden as turbeiras porque se desecaron), centralismo estatal (as 89 entidades que forman a Confederación Rusa non contan con medios antiincendios?) e incompetencia dos seus cadros dirixentes (as catástrofes naturais non se pode prever pero si neutralizar e minimizar as súas consecuencias). Pero, á 'Madre Rusia' xa hai tempo que necesita un liderazgo, os incendios só o están poñendo en evidencia.

Te puede interesar