Opinión

O home que susurraba aos lobos

“El hombre no es un ovni venido de una lejana galaxia; el hombre es un poema tejido con la niebla del amanecer, con el color de las flores, con el canto de los pájaros, con el aullido del lobo o el rugido del león. El hombre se acabará cuando se acabe el equilibrio vital del planeta que lo soporta. El hombre debe amar y respetar la Tierra como ama y respeta a su propia madre...'.


(Félix Rodríguez de la Fuente)


O domingo fixéronme un agasallo. Un agasallo que me fixo lembrar. Lembrar a infancia. Esa etapa na que a vida é un parque de atraccións no que aprendemos constantemente e no que imos pondo os cementos da nosa personalidade. O agasallo, a biografía de Félix Rodríguez de la Fuente, que, por mor do trixésimo aniversario do seu pasamento , remata de publicar Benigno Varillas.

Lembreime de que sen dúbida foi unha das persoas, que apesares da distancia,me aportou aprendizaxes que perduraron ao longo do tempo . O meu primeiro contacto con Félix Rodríguez de la Fuente foi cando estaba empezando a E.G.B. Sempre me gustaron os bos contadores de historias, eses que coas súas historias tocan os corazóns das persoas e aportan contidos e ideas novas as súas mentes. E cada venres ás nove da noite, un contador de historias excepcional chegaba as nosas casas. Pero as súas eran unhas historias diferentes, eran historias dun mundo salvaxe e natural que ata aquela descoñecía.Eran historias fascinantes nas que contaba a vida de animais como a aguia real, o voitre negro, o hurón, o leirón careto, o falcón peregrino, o azor, o lince (o príncipe do bosque), o paxaro secretario,…, os leóns do Serengueti, as cabras montesas do Himalaya ou o lobo, o Canis lupus, o animal que el converteu nun símbolo da súa loita por preservar o medio natural e que probablemente de non haber sido por el, hoxe ao igual que outras, sería unha subespecie xa extinguida.

Lembreime daqueles magníficos “cadernos de campo” con debuxos, esquemas e anotacións, os primeiros que vin! e que tratabamos de imitar nas saídas ao monte e nos traballos de Ciencias Naturais e que logo irían evolucionando hacia un estilo propio. Lembreime que con el coñecín a cetrería, por qué aulla o lobo, Doñana, a Serra de Cazorla, …e unha morea de pobladores de montes e bosques.

Lembreime de cando con catorce anos, recién empezado o Bacharelato e recién estrenadas as miñas primeiras “pagas', o primeiro que facía era correr ao quiosco de Marina na rúa Villar para mercar os fascículos daquela colección de libros de pastas marróns editados por Salvat titulados “Fauna”, que hoxe gardo coma un tesouro, e que ela me gardaba cada quince días e que eu “devoraba” literalmente a costa moitas veces dalgúns deberes do colexio que quedaban sen facer ou ían feitos a medias. Para facelos sempre quedaban o recreo e os cambios de clase! Debo recoñecer que aprendía máis lendo aqueles fascículos que facendo os deberes, polo menos máis do que a min me interesaba. Aprendíame case de memoria cada parágrafo, cada fotografía, cada observación apuntada, cada debuxo,…Podía estar horas lendo aquelas historias de animais! Despois virían os naturistas ingleses coma David Bellami ou os documentais da BBC, pero na base, no principio sempre estivo aquel home que nos ensinou que para respetar e coidar a natureza primeiro hai que coñecela e comprendela.

Nunca tiven ídolos, nen creo neles. Pero sí persoas das que sentín unha profunda admiración e as que me aportaron valores que dun xeito ou doutro deixaron pegada. Agora dende a perspectiva que che dá a madurez, podo comprender que se toda unha xeración nos sentabamos as noites dos venres ante o televisor escoitando historias fantásticas de animais que moitos deles nunca antes viramos, era pola habilidade dun home cun don extraordinario para comunicar e que esa habilidade baseábase nunha capacidade prodixiosa para facer sinxela unha idea ou unha imaxe, nunha forza e nunha paixón para contar e transmitir nas mentes e nos corazóns das persoas aquilo no que el cría.“ A vida é unha aventura e temos a obriga de ser felices (…) Non fago o que me gusta, senón o que me apasiona” (Félix Rodríguez de la Fuente).

Te puede interesar