Opinión

‘Imbéciles’

O diccionario da RAE define a palabra imbécil como un adxectivo que significa apaiolado, escaso de razón. Pois ben, din as crónicas que un científico italiano de nome Gioacchino Giampaolo Giuliani, predixo hai un mes que se ía producir un forte terremoto en L’Aquila. Pero resulta, que as autoridades non o creron, desacreditárono, denunciárono á policía e chamáronlle imbécil posto que el non era competente nesta materia. Consultaron con outros científicos, competentes na materia, sobre estas prediccións quenes consideraron que o que o científico, sismólogo do Instituto de Astrofísica, dicía carecía de fundamento. Finalmente, o terremoto produciuse e o resultado ata agora son 267 mortos onte, 1.500 feridos , 100.000 afectados e a destrucción desta xoia cultural e histórica que é L’Aquila. O señor Giampaolo non tiña unha boliña para predicir o futuro senón un método ideado por él e uns estudos baseados na emisión de gas radón que en altas concentracións prodúcese onde dúas fallas se moven. Pero o que podería ser o argumento dunha película non termina aí, pois parece ser que o xefe do Instituto Italiano de Xeofísica segue a dicer que o científico estaba trabucado, que os terremotos non se predicen e o primeiro ministro, o señor Berlusconi, di que el non entra nestes mesteres. Anda ocupado pero co corazón na gorxa. Ah!, pero tíñao? Corría o século XVII cando, a 80 km de distancia tan só de L’Aquila, en Roma, dous homes, Giordano Bruno e Galieo Galilei, eran condenados por herexes e a súas obras prohibidas. Atrevéranse a defender, un a existencia de múltiples sistemas solares e a infinitude do Universo, e o outro que a Terra xiraba o redor do Sol. Bruno foi ridiculizado e executado e a Galileo chamáronlle imbécil e dicían os seus colegas que tiña a cabeza chea de paxaros. Século e medio despois tiveron que darlles a razón.


Quen é o imbécil? Xa dicía Schiller que contra a estupidez ata os propios deuses loitan en van. Unha lembraza especial para as vítimas e as súas familias.



Te puede interesar